Pascual III

Pascual III

Antipapa (1164-1168). De nome Guido da Crema, foi partidario do Emperador Federico I Barbarrubia e, á morte de Adrián IV (1159), cooperou na elección do antipapa Vítor IV. Tras a morte deste, o representante imperial Reinald de Dassel fixo que o elixisen papa.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Crema

  • Deceso

    Lugar : Roma