"Passer" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión francesa propia da escola fisiocrática para designar a doutrina que preconiza a non intervención do estado na vida económica e defende o capitalismo e a libre competencia. Fai referencia ao principio segundo o que se se permite a libre actuación dos individuos no terreo económico, perseguindo cada un o seu interese persoal, actuará seguindo unhas leis inmutables polas que se establecerá unha harmonía económica natural. Esta idea foi retomada por Adam Smith e polos economistas clásicos británicos, e sintetizou o pensamento político liberal oposto ás monarquías absolutas e ao conservadorismo que defendían a liberdade económica, o constitucionalismo e a ausencia de intervención estatal no comercio exterior e nas prácticas mercantís. Esta teoría foi ampliada por economistas británicos como David Ricardo e John Stuart Mill. A finais do s XX rexurdiu debido as privatizacións industriais feitas polo estado e pola diminución do papel do sector público.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador italiano. Documentado en Roma en 1551, traballou con T. Zuccari e destacou como retratista. En 1565 volveu a Boloña, onde dirixiu unha escola e fixo Madonna col bambino e santi (1565) e Presentazione di Gesú al tempio (1583), obras onde combinou o academicismo romano con elementos naturalistas. Cultivou tamén a pintura de xénero.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves paseriformes, da familia dos paséridos, ao que pertencen os gorrións. O corpo é de pequeno tamaño, a plumaxe parda e o peteiro cónico, e viven nas proximidades dos asentamentos humanos.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Pertencente ao novo cine checo, fuxiu a EE UU en 1969. As súas películas tiveron unha boa acollida entre a crítica, pero non lograron un éxito de público. Destacan os seus filmes Intimni Osvetleni (Iluminación íntima, 1968), Born to Win (1970), Cutter and Bone (1981), Haunted Summer (1988), The Wishing Tree (1999) e The Nomad (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Membro da Accademia dei Trasformati de Milán, escribiu Rime giocose, satiriche e morali (1776), Favole esopiane (1779) e a súa obra máis importante, o poema Cicerone (1774).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Foi chamado, xunto a Xoán de Porres, polo Conde de Monterrei para instalar os primeiros obradoiros tipográficos en Galicia. Desta asociación xurdiu o Misal Auriense (1494), primeiro incunable editado en Galicia. Tras a morte do Conde e a disolución da sociedade, conseguiu o encargo do cabido compostelán para editar a Relación das Reliquias da Catedral de Santiago de Compostela (1495). Desta obra, da que non se sabe se se editou en Monterrei ou en Santiago de Compostela, consérvase un exemplar no Arquivo Histórico Nacional de Simancas. Abandonou o oficio de impresor para ocupar o cargo de procurador en Monterrei.
VER O DETALLE DO TERMO