Chasmosaurus
Chasmosaurus
[PALEONT]
Xénero de dinosauros da familia dos ceratópsidos, de ata 5,2 m de lonxitude, propios de finais do Cretáceo. Na fronte presentaban un par de grandes cornos revirados cara a arriba, outro máis pequeno no fociño e unha gran gola ósea dende a parte posterior do cranio que cubría o pescozo e a parte superior dos ombreiros. Os principais xacementos localízanse no N de América.