Chasmatosaurus

Chasmatosaurus
[PALEONT]

Xénero de réptiles da suborde dos proterosuquios de ata 2 m de lonxitude. Presenta un corpo alongado e as patas pequenas e fortes de cinco dedos, dispostas en ángulo respecto ao corpo. Pasaban a maior parte do tempo nos ríos onde se alimentaban principalmente de peixes. Propios de principios do Triásico, os xacementos máis importantes están en Sudáfrica e China.