"Pelaxio" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Monxe bretón ou irlandés. A súa gran rectitude moral e a preocupación antimaniquea inclinárono a unha interpretación optimista da vontade humana, que deixa á graza divina unha eficacia unicamente moral e natural. Atopou moita adhesión, pero tamén adversarios como o Papa Zósimo, o Emperador Honorio, santo Agostiño e Paulo Orosio. Das súas obras consérvanse, ademais de diversas cartas, Expositiones in espistolas sancti Pauli e Libellus fidei ad Innocentium I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (556-561). Diácono de Roma, bo diplomático e teólogo, opúxose á cuestión dos Tres Capítulos. Nomeado papa por orde imperial, atopou a resistencia do clero romano e, a pesar de profesar publicamente a Fe de Calcedonia, non puido evitar un cisma en Aquilea. A partir del os papas necesitaron a confirmación da elección por parte da corte bizantina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (579-590). Foi elixido e consagrado papa sen a confirmación bizantina e estivo sempre oposto á corte e ao patriarca bizantino. Buscou, en van, a axuda dos francos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe no grego Pelagios ‘mariño, home de mar’ a través do latín Pelagius. A forma patrimonial galega deste nome é Paio. A súa festividade celébrase o 8 de outubro.