Pelaxio I
Pelaxio I
Papa (556-561). Diácono de Roma, bo diplomático e teólogo, opúxose á cuestión dos Tres Capítulos. Nomeado papa por orde imperial, atopou a resistencia do clero romano e, a pesar de profesar publicamente a Fe de Calcedonia, non puido evitar un cisma en Aquilea. A partir del os papas necesitaron a confirmación da elección por parte da corte bizantina.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Roma