"Peleo" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Disciplina científica que ten por obxecto o estudo dos seres vivos que habitan o dominio subterráneo. O termo foi creado no 1904 por A. Viré. Non obstante , naceu como especialidade científica no 1831 coa primeira descrición dun ser vivo cavernícola, o coleóptero Leptodirus hohenwarti procedente da cova de Adelsberg (Carniola), realizada polo conde Franz von Hohenwart. A partir de 1857 proliferaron os traballos dedicados ao estudo dos cavernícolas por parte de gran número de naturalistas, primeiro en Francia, logo noutros países europeos e nos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘caverna’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina da arqueoloxía que estudia os restos culturais localizados en formacións subterráneas naturais, entre outras, covas, grutas e cavernas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a espeleoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Ciencia e actividade deportiva dedicada á exploración e ao estudo das cavidades subterráneas naturais.
    Historia da espeleoloxía
    A arqueoloxía evidencia que dende a súa orixe, a humanidade empregou as cavernas para prácticas máxico-relixiosas, como vivenda e tamén como sepulcro. Séneca, Homero, Aristóteles e outros escritores antigos relataron incursións subterráneas. Na Europa medieval as cavernas considerábanse lugares misteriosos, infernais, habitados por seres malignos e monstros. Un dos primeiros estudios sobre cavidades naturais foi Mundus Subterraneus (Amsterdam, 1655) do xesuíta alemán A. Kircher. En 1748, Nagel descendeu á sima de Mazocha, no karst de Moravia. No s XIX, Lidner descendeu á sima Trebiciano en Trieste (1840) e Schmidt percorreu en barca os ríos das cavernas Recca e Piuka, próximas tamén a Trieste (1850). O nacemento da espeleoloxía coincidiu co esplendor do alpinismo, trala conquista do Monte Cervino en 1865. O creador da espeleoloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á espeleoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe grego, epónimo do monte Pelión e da homónima cidade de Tesalia. Rei de Ptía, era fillo de Éaco e Endeis. Casado con Antígona, filla de Euritión de Ptía, nun accidente de caza matou o seu sogro e tivo que exiliarse. Calumniado pola muller de Acasto, Astidamía, foi abandonado sen armas nunha cazaría e conseguiu salvarse coa axuda dos Dióscuros. De regreso en Ptía, casou con Tetis, coa que enxendrou a Aquiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído producido co calzado ao camiñar.

    VER O DETALLE DO TERMO