"Penélope" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Actriz. Dende moi pequena interesouse polo mundo das artes e a interpretación estudando ballet clásico durante nove anos no Conservatorio Nacional de Madrid e participando en diversos cursos de prestixio durante os seguintes anos. Compaxinou estes estudos coa aparición en videoclips e na televisión. Os seus primeiros papeis de sona foron en “Jamón, jamón”, de Bigas Luna e en “Belle Époque”, filme dirixido por Fernando Trueba e que gañou o Óscar á mellor película de fala non inglesa no 1993. O seu primeiro traballo co director Pedro Almodóvar foi en 1997, na película “Carne trémula”, a esta colaboración seguirían “Todo sobre mi madre”, “Volver” e “Los abrazos rotos”. A súa primeira aparición nun filme rodado nos Estados Unidos foi en “The Hi-lo countrie” de Stephen Frears. Dende entón leva rodadas máis de 15 filmes neste pais e noutros como Francia, Italia ou o Reino Unido. Ten no seu haber tres premios Goya, o último no ano 2008, un Óscar da Academia nese mesmo ano e froito da súa colaboración...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustradora. Ademais da súa actividade docente, participou en diversas actividades de animación á lectura. Realizou as ilustracións dos libros Noa (1989), de A. García Teijeiro, e Xasmín no país dos mentireiros (1992), de Gianni Rodari.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que ten a súa orixe no grego Ðçíåëόðç. É unha palabra prehelénica de orixe descoñecida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muller de Ulises. Filla de Ícaro, irmá de Tíndaro e da náiade Peribea. A súa lenda é coñecida, sobre todo, a través da Odisea homérica. Ao ausentarse Ulises pola guerra de Troia, Penélope estivo durante vinte anos esperando o retorno do esposo, ata que, acurralada polos pretendentes, prometeu casar cun deles cando acabase de tecer o sudario do vello rei Laertes, o seu sogro. De día tecía o sudario e de noite desfacía todo o que fixera, e así a obra era interminable. Descuberta por unha serventa, tivo que acceder ás esixencias dos pretendentes, pero o retorno de Ulises, que exterminou a todos os pretendentes, fixo que marido e muller se reencontrasen e comezasen unha nova vida xuntos.