"Perigord" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca do NL de Aquitania, Francia, situada entre Quercy e Charente, do que constitúe unha continuación. Está formada por altiplanos calcarios, pouco elevados (de 100 a 300 m), cubertos por sedimentos areosos e arxilas procedentes do Macizo Central. É un centro tradicional de produción de trufas, onde tamén se desenvolven a gandaría e a avicultura, da que destaca a cría de gansos e patos que deron orixe á elaboración do foie-gras. A comarca divídese en Alto Perigord, con capital en Périgueux, e Baixo Perigord, con capital en Sarlat. Os merovinxios organizaron a rexión como un condado. Co feudalismo, dependeu sucesivamente dos duques de Aquitania, dos de Angulema e dos da Marca. Pasou sucesivamente ás casas de Orléans (1400), Penthièvre (1437) e Albret (1481). Enrique IV fusionouna definitivamente co dominio real.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Perigordense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Industria lítica das primeiras fases do Paleolítico Superior do Occidente europeo, estudada principalmente en Perigord. O termo e o concepto foron discutidos e algúns autores prefiren distinguir entre Gravetense e Chatelperronense
-
PERSOEIRO
Político e diplomático, príncipe de Benevento e duque de Talleyrand. Foi bispo de Autum en 1788 e deputado aos Estados Xerais un ano máis tarde. Entre 1797 e 1799, foi ministro de Asuntos Exteriores e participou no golpe de estado do 18 brumario. Colaborou inicialmente con Napoleón pero, en 1814, caído este, foi nomeado xefe do goberno provisional que instaurou Luís XVIII. Despois dos Cen Días foi presidente do consello de ministros, pero perdeu as eleccións e tivo que dimitir.
VER O DETALLE DO TERMO