Iuliobriga
Iuliobriga
Cidade romana fundada polo Emperador Augusto a partir de 19 a C como instrumento de romanización dos pobos cántabros acabados de conquistar e nos que predominaban as estruturas indíxenas alleas ás formas de vida urbana dos romanos. Os materiais máis vellos atopados confirman esta datación e remóntanse a finais do s I a C. Na súa orixe careceu de estatuto privilexiado (civitas stipendiaria). Baixo o goberno do Emperador Vespasiano produciuse a ampliación do seu perímetro urbano con novas vivendas.