"Pernik" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Toruń 1473 - Frauenburg 1543) Astrónomo polaco. Coñecido como Nicolao Copérnico, estudiou na Universidade de Cracovia (1491-1494) onde foi discípulo do matemático Wojciech Brudzewski. Viaxou por Italia e inscribiuse na Universidade de Boloña (1496-1499), onde estudiou dereito, medicina, grego e filosofía, e traballou como asistente do astrónomo Domenico da Novara. En 1500 foi a Roma, onde impartiu un curso de matemáticas e de astronomía, e en 1501 volveu á súa patria e tomou posesión dunha coenxía da catedral de Frauenburg, cargo obtido grazas á axuda do seu tío Lucas Watzelrode. A pesar do seu cargo, volveu a Italia, esta vez a Padua (1501-1506), para estudar dereito e medicina; pero fixo unha breve estadía en Ferrara (1503), onde obtivo o grao de doutor en dereito canónico. Reinstalado definitivamente no seu país (1512), atendeu a administración da diocese de Ermland, exerceu a medicina, ocupou certos cargos administrativos e levou a cabo o seu intenso traballo no campo...
-
CIDADES
Cidade da provincia de Sofia, Bulgaria (86.133 h [2001]). É o centro dunha comarca hulleira. Entre 1949 e 1962 denominouse Dimitrovo.
VER O DETALLE DO TERMO