"Persio" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
-
Acción de rociar.
-
Sistema de rego que consiste en distribuír a auga en forma de chuvia mediante aparellos denominados aspersores. Estes reciben a auga a través de tubos fixos, acoplables ou desacoplables; son móbiles e pódense colocar nos puntos onde se precisen en cada momento determinado. O rego por aspersión comporta unha serie de vantaxes: un notable aforro de auga, facilita a mecanización do cultivo, posibilita a automatización do rego, reduce ata un 50 % a man de obra, etc. Pero o rego por aspersión tamén ten inconvenientes: facilita a aparición de herbas espontáneas ao deixar o solo moi compacto, provoca unha certa perda de auga por evaporación, etc. Está moi recomendado na loita contra as xeadas.
-
-
-
Acción e efecto de dispersar ou dispersarse.
-
Condición de disperso.
-
Desviación dun conxunto de valores respecto dun valor central, xeralmente o valor medio. Mídese mediante a desviación media, a desviación típica e a variación.
-
Proceso mediante o que ten lugar un cambio nas constantes físicas, ou mesmo da natureza, dunha onda ou dun feixe de partículas que atravesan un medio, a causa da interacción coas partículas deste. Denomínase tamén así a difusión á que se somete a onda ou o feixe de partículas en cuestión, como consecuencia deste proceso.
-
Fenómeno consistente no feito de que unha parte do fluxo magnético dunha máquina eléctrica, como por exemplo un transformador, se desvía do circuíto magnético, xeralmente de ferro, e se pecha a través do aire, co que se reduce o fluxo útil.
-
ariación do índice de refracción dunha substancia ao cambiar a frecuencia da luz incidente.
-
Sistema heteroxéneo formado por dúas ou máis fases, en que a fase dispersa está en suspensión no medio da fase dispersante, que pode ser un líquido, un sólido ou un gas.
-
Forma de poboación que corresponde ao hábitat disperso.
-
Distribución, arredor do obxectivo de tiro, dos impactos producidos polos proxectís disparados por unha peza de artillería, sen variar os datos da puntería e coa mesma carga de proxección. Esta distribución segue a lei de Gauss ou lei normal. A dispersión de tiro prodúcese principalmente polas irregularidades na rotación do proxectil debidas a desprazamentos do centro de gravidade e polas pequenas diferencias nas cargas de proxección.
-
-
PERSOEIRO
Poeta satírico latino. De orixe etrusca, viviu en medio da sociedade neroniana, da que criticou os costumes, e formou parte do círculo estoico. Amigo de Lucano e do filósofo Cornuto, que editou a súa obra postumamente, escribiu seis satirae, que reúnen un conxunto de 650 hexámetros de estilo horaciano, pero cunha linguaxe sinxela.
VER O DETALLE DO TERMO