"Piñor" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Pedro do Incio (O Incio). Edificado en 1485 por Rui Sánchez de Orozco, reconstruíuse en 1550, e despois, en 1730, por Rodrigo Ozores e Losada. Ten planta en forma de L e dous pisos en altura cunha escalinata de acceso. Conserva unha torre pegada de planta cadrada, unha capela independente de planta circular con cúpula e lanterna e cun pequeno retablo barroco, e diversas construcións adxectivas como o pombal e os alpendres. No exterior destacan a muralla e a porta de acceso cos brasóns que aluden ás familias Ribadeneira, Somoza, Losada e Quiroga.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Barbadás baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Carballiño, situado na provincia de Ourense no centro-sur da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 29’ 40” de latitude N e 8° 00’ 30” de lonxitude O. Limita ao N con Dozón, Rodeiro (ambos os dous na comarca de Deza) e San Cristovo de Cea (comarca do Carballiño); ao L e ao S de novo con San Cristovo de Cea; e ao O co Carballiño e O Irixo (ambos os dous da comarca do Carballiño). Abrangue unha superficie de 52,7 km 2 , en que acolle unha poboación de 1.444 h (2007), distribuída nas parroquias de Barrán, A Canda, Carballeda, Coiras, A Corna, Loeda e Torcela. A súa capital está no lugar de Piñor, na parroquia de Barrán, a 82 km de Santiago de Compostela e a 26 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial do Carballiño.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Situado nos contrafortes do tramo meridional da Dorsal Occidental Galega, na súa metade setentrional, seguindo unha disposición L-O e con altitudes comprendidas entre os... -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na parroquia de Piñor (Barbadás). Consta de dous edificios de distintas épocas, con dúas alturas diferentes. O máis moderno, de planta rectangular, está inserido no outro. Hai unha capela preto do edificio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obxecto matemático que se utiliza para representar as partículas de spin 1/2 e, en particular, o electrón.