"Picolomini" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Familia italiana, posiblemente orixinaria de Roma, que se estableceu en Siena desde o s XIII e que se enriqueceu por medio do comercio e a banca. Destacaron as ramas papais, con Pío II e Pío III, a dos Tesdeschini, a de Sticiano, á que pertenceu Ottavio Picolomini, e a de Modella, todas extinguidas. Das que continuaron cómpre salientar as de Clementini, Carli, Aragona, Febei, Naldi e Bandini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Literato e eclesiástico italiano. Nomeado arcebispo de Patras (1574), quedou como auxiliar do bispo de Siena. Autor de obras de astronomía, como Delle stelle fisse, foi o primeiro en clasificar as estrelas alfabeticamente coas letras latinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral italiano. Estivo ao servizo de Castela e, desde 1627, do emperador alemán. Mariscal de campo, detivo o avance dos suecos cara a Bohemia (1633) e combateunos en Nördlingen (1634). En 1639 derrotou a Francia en Thionville. Vencido polos suecos en Wolfenbüttel (1641), máis tarde loitou nos Países Baixos ao lado de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO