Picolomini
Picolomini
Familia italiana, posiblemente orixinaria de Roma, que se estableceu en Siena desde o s XIII e que se enriqueceu por medio do comercio e a banca. Destacaron as ramas papais, con Pío II e Pío III, a dos Tesdeschini, a de Sticiano, á que pertenceu Ottavio Picolomini, e a de Modella, todas extinguidas. Das que continuaron cómpre salientar as de Clementini, Carli, Aragona, Febei, Naldi e Bandini.