"Pioneer" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Serie de sondas cósmicas de EE UU que pertencen ao programa de investigación espacial do mesmo nome, iniciado polas forzas aéreas en 1958, pero transferido á NASA. A Pioneer 10, lanzada en 1972, pasou en 1973 a 130.000 km sobre as nubes de Xúpiter, desde onde enviou imaxes e outros datos. Entre os seus obxectivos principais estaban o de explorar Xúpiter e Saturno e tratar de localizar vida extraterrestre intelixente, para o que leva unha placa cunha mensaxe gráfica susceptible de ser descifrada por outra civilización con coñecementos mínimos similares aos humanos actuais. En 1983 abandonou o sistema solar. De aquí a oito millóns de anos chegará ao lugar onde actualmente está a estrela Aldebaran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de sondas planetarias de EE UU destinadas ao estudo global da atmosfera e do clima de Venus. En 1978 enviouse o Pioneer Venus 1, e uns meses despois o Pioneer Venus 2, con sondas atmosféricas. A primeira sonda levantou un mapa da superficie planetaria, e a segunda analizou a composición e movementos na atmosfera, así como a súa interacción co vento solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cooperativa de consumo creada en Rochdale en 1844 por 28 obreiros, en gran parte tecedores. Recolleu as teorías de Robert Owen e significou o inicio do moderno cooperativismo.

    VER O DETALLE DO TERMO