Pioneer
Pioneer
Serie de sondas cósmicas de EE UU que pertencen ao programa de investigación espacial do mesmo nome, iniciado polas forzas aéreas en 1958, pero transferido á NASA. A Pioneer 10, lanzada en 1972, pasou en 1973 a 130.000 km sobre as nubes de Xúpiter, desde onde enviou imaxes e outros datos. Entre os seus obxectivos principais estaban o de explorar Xúpiter e Saturno e tratar de localizar vida extraterrestre intelixente, para o que leva unha placa cunha mensaxe gráfica susceptible de ser descifrada por outra civilización con coñecementos mínimos similares aos humanos actuais. En 1983 abandonou o sistema solar. De aquí a oito millóns de anos chegará ao lugar onde actualmente está a estrela Aldebaran.