"Pisa" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 33.

  • (Delfinado s XII) Poeta influenciado polas obras latinas de Julius Valderius (s IV) e do Arcipreste Leo (s X), que foi o primeiro en escribir nunha lingua románica sobre Alexandre o Grande, modelo cabaleiresco durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente á orde dos alepisáuridos.

    2. Peixe da familia dos alepisáuridos.

    3. Familia de peixes da orde dos mitofiformes á que pertence o xénero Alepisaurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos alepisáuridos ao que pertence o lanzón vela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. As súas narracións tiveron grande éxito, tanto os de índole persoal coma os poemas e os tratados feministas. A súa obra lírica insírese dentro do estilo de Eustache Deschamps e nela destaca o Livre de la mutation de Fortune (Libro da mutación de Fortuna); en prosa sobresaen o Livre de la Cité des Dames (Libro da cidade das damas), o Livre des faits d’armes et de chevalerie (Libro de feitos de armas e de cabalería), a Lamentation sur les maux de la guerre civile (Lamentación sobre os males da guerra civil, 1410) e o Livre de la Paix (Libro da paz).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (1.871 km2; 262.000 h [estim 1982]). A súa capital é Ma ḥ mụd-e´Erāquī (1.262 h [estim 1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leonardo Fibonacci.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Estivo activo no segundo cuarto do s XV na corte de Don Duarte, en calidade de preceptor do futuro rei Afonso V. A súa única obra coñecida é De bello Septensi (1460).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Niculoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller que exerceu de papa, referido ao personaxe lendario da papisa Xoana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de pisar as uvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, en Toscana, Italia (85.379 h [2001]). É un antigo porto medieval situado á beira do Arno, a uns 12 km da súa desembocadura, no centro dunha ampla chaira aluvial. Xunto cunha tradicional artesanía, ten industrias téxtiles, farmacéuticas e de vidro. Tivo importancia xa na época romana, pero a dominación dos ostrogodos e lombardos retardou o seu desenvolvemento, pois truncou as súas relacións comerciais con Oriente. En 812 entrou a formar parte do Marquesado de Toscana e despois dependeu do Sacro Imperio Romano-Xermánico. No s XI comezou a súa expansión marítima, ao mesmo tempo que se consolidaba a súa autonomía respecto ao Imperio e aos marqueses de Toscana ata constituírse, a finais de século, como un goberno común de cónsules, que deu paso á República de Pisa. Incorporada a Florencia (1406), a súa historia política posterior correu parella á desta cidade. A Piazza del Duomo, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987), reune o conxunto integrado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Toscana, Italia (2.448 km2; 381.119 h [2001]). A súa capital é Pisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concilio celebrado en Pisa (1409), convocado polos cardeais como reacción ao Concilio de Perpignan, celebrado en 1408. Nel foron depostos Benedito XIII e Gregorio XII, ao tempo que se elixía como papa a Alexandre V. A embaixada de Benedito XIII, enviada para negociar o seu recoñecemento, non obtivo resultado. Adheríronse ao concilio Francia, Navarra, Milán e parte de Alemaña, entre outros, que aceptaron o novo papa. A partir deste momento, a cristiandade quedou dividida en tres obediencias: Roma, Aviñón e Pisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Entidade política xurdida no s XI ao se consolidar, cara a 1080, unha organización privada de cónsules, maxistratura aristocrática que foi absorbida polos poderes dos vizcondes, representantes do Sacro Imperio Romano-Xermánico, e os poderes do bispo (arcebispo desde 1092). Máis tarde apareceu a figura do podestà (1191), que gobernou en común cos cónsules ata mediados do s XIII. A expansión pisana comezou coa loita contra os corsarios sarracenos que infestaron os seus mares. A participación da súa frota na Primeira Cruzada (1096-1099) proporcionoulle unha posición privilexiada no comercio oriental. A pugna do predominio en Córsega e en Sardeña provocou tres guerras entre Pisa e Xénova (1119-1133; 1162-1175; 1187-1188), que se resolveron coa división de Córsega (1135) e o reparto de influencias en Sardeña. Malia as guerras, o s XII foi o de maior esplendor de Pisa que tivo numerosas colonias mercantís en Oriente e en Occidente que aseguraban o seu comercio. Nunha nova guerra con...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de pisar.

    2. Sinal que queda no chan ao pisar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pía onde se pisan as uvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen pisa, particularmente as uvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roupa, orixinaria de Pisa, inicialmente de fío e despois de algodón, con ligamento plano e con combinacións de diversas cores, que se empregaba especialmente en vestimentas de mulleres e nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Pisano.

    VER O DETALLE DO TERMO