Pisa, Concilio de
Pisa, Concilio de
Concilio celebrado en Pisa (1409), convocado polos cardeais como reacción ao Concilio de Perpignan, celebrado en 1408. Nel foron depostos Benedito XIII e Gregorio XII, ao tempo que se elixía como papa a Alexandre V. A embaixada de Benedito XIII, enviada para negociar o seu recoñecemento, non obtivo resultado. Adheríronse ao concilio Francia, Navarra, Milán e parte de Alemaña, entre outros, que aceptaron o novo papa. A partir deste momento, a cristiandade quedou dividida en tres obediencias: Roma, Aviñón e Pisa.