"Pitágoras" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • FILOSOFOS

    Filósofo e matemático grego. Probablemente emigrado de Asia Menor, en vista da invasión de Persia, estableceuse en Crotona (530?), onde fundou unha comunidade rexida por normas ascéticas, centrada no estudo das matemáticas e notablemente activa nos asuntos políticos da cidade: a escola pitagórica. Xa vello, houbo de fuxir á veciña Metaponte a causa dunha rebelión popular. Do conxunto de crenzas do pitagorismo, atribúese ao propio Pitágoras a doutrina da inmortalidade e da transmigración das almas e a consideración da matemática como chave da resolución de enigmas do universo e como instrumento de purificación da alma. Postularon a existencia dunha harmonía musical do cosmos, a expresión numérica dos intervalos musicais, a veneración pitagórica do número 10 e o chamado teorema de Pitágoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor grego. Viviu en Rhēgion (Reggio di Calabria), onde tivo como mestre a Clearco. Foi autor dunha serie de estatuas atléticas, das cales se posúen as bases firmadas, e doutras obras de bronce moi apreciadas aínda en época romana. Semella que cultivaba o estilo estrito peloponeso e que destacou pola harmonía e a naturalidade nas súas representacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Táboa de multiplicación, atribuída á escola pitagórica, que dá o produto dos dez primeiros números entre eles. É unha táboa de dobre entrada, a serie dos dez primeiros números está escrita dúas veces formando a primeira vez unha liña horizontal e a segunda vez unha liña vertical. Constitúe a orixe das leis e das propiedades da multiplicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema fundamental da xeometría segundo o que nun triángulo rectángulo a área do cadrado, que ten por lado a hipotenusa, é igual á suma das áreas dos cadrados que teñen por lado os catetos. Se a e b representan a lonxitude dos catetos e h a lonxitude da hipotenusa, o teorema exprésase pola igualdade h2 = a2 + b2.

    VER O DETALLE DO TERMO