Pitágoras, teorema de
Pitágoras, teorema de
[MAT]
Teorema fundamental da xeometría segundo o que nun triángulo rectángulo a área do cadrado, que ten por lado a hipotenusa, é igual á suma das áreas dos cadrados que teñen por lado os catetos. Se a e b representan a lonxitude dos catetos e h a lonxitude da hipotenusa, o teorema exprésase pola igualdade h2 = a2 + b2.