pitagorismo

pitagorismo

(

s m [FILOS]

Conxunto de doutrinas atribuídas indistintamente a Pitágoras e aos seus discípulos (s IV a C). No seu desenvolvemento hai que diferenciar entre a época anterior e a posterior ás propostas eleatas de Parménides e Zenón, como tamén a etapa máis tardía, que se coñece como neopitagorismo. Destacaron no s V a C, Filolao de Crotona, o primeiro en expoñer por escrito sistematicamente esta doutrina, e no s IV a C, Arquitas e Alcmeon de Crotona.