"Polifemo" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Ciclope, na mitoloxía grega, fillo de Posidón e da ninfa Toosa. Aparece na Odisea (libro IX) como un pastor xigante, bestial e feroz, que devora os compañeiros de Ulises, quen o deixaron cego para fuxir. Por contra, nos Idilios de Teócrito, converteuse no namorado da nereida Galatea. Esta variante do mito inspirou a Fábula de Polifemo y Galatea (1611), de Góngora, e Polyphème (1901) de A. Samain, ademais do oratorio profano Acis and Galatea (1720), de Haendel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, fillo de Élato e de Hipe. Participou no combate dos lapitas cos centauros e na expedición dos argonautas. Morreu na guerra contra os cálibes.

    VER O DETALLE DO TERMO