Polifemo
Polifemo
[MIT]
Ciclope, na mitoloxía grega, fillo de Posidón e da ninfa Toosa. Aparece na Odisea (libro IX) como un pastor xigante, bestial e feroz, que devora os compañeiros de Ulises, quen o deixaron cego para fuxir. Por contra, nos Idilios de Teócrito, converteuse no namorado da nereida Galatea. Esta variante do mito inspirou a Fábula de Polifemo y Galatea (1611), de Góngora, e Polyphème (1901) de A. Samain, ademais do oratorio profano Acis and Galatea (1720), de Haendel.