"Pontenova" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Pontevedra a partir de 1995. Subtitulada “Revista de investigación xove”, foi editada pola Deputación de Pontevedra e dirixida por Miguel Pereira. O seu obxectivo era dar a coñecer traballos inéditos de investigadores novos e estimular a investigación.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de Sagrado Corazón que dá nome ao concello da Pontenova, onde se localiza a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Mariña Oriental, situado na provincia de Lugo ao NL da Comunidade Autónoma de Galicia, ao L da provincia de Lugo, e a 43° 21’ de latitude N e 7° 11’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Trabada (comarca da Mariña Oriental), ao L con Asturias, ao S coa Fonsagrada (comarca da Fonsagrada), Ribeira de Piquín e Riotorto (ambos os dous na comarca de Meira), e ao O de novo con Riotorto. Abrangue unha superficie de 135,8 km2cunha poboación de 2.971 h (2007), distribuída nas parroquias de Bogo, Conforto, A Pontenova, Rececende, Santo Estevo de Rececende, Vilaboa, Vilameá, Vilaoudriz, Vilaouruz, Vilarmide e Xudán. A súa capital é o lugar da Pontenova, na parroquia homónima, que se sitúa a 55 km ao NL da cidade de Lugo e a 142 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Mondoñedo e ao partido xudicial de Mondoñedo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A Pontenova é un extenso concello que marca a transición entre a costa máis oriental da...