Xesaleico

Xesaleico

Rei visigodo (507-510). Sucedeu a Alarico II pero, atacado á vez polos francos e os burgundios, retirouse a Barcelona. Os ostrogodos restituíronlle a Septimania, pero nomearon rei a Amalarico, e fuxiu ao N de África. Morreu ao tentar recuperar a coroa coa axuda dos vándalos.