"Portomarín" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos de Paradela, Portomarín e Guntín.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Nicolao que dá nome ao concello de Portomarín, onde está a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca e da provincia de Lugo, situado no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, no centro-oeste da provincia de Lugo, a 42° 48’ de latitude N e 7° 37’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Guntín (comarca de Lugo), ao L co Páramo e Paradela (ambos os dous na comarca de Sarria), ao S con Taboada (comarca de Chantada) e ao O con Monterroso (comarca da Ulloa). Abrangue unha superficie de 115,1 km2, en que acolle unha poboación de 1.898 h (2007), distribuída nas parroquias de Bagude, Caborrecelle, O Castro de Soengas, Castromaior, Cortapezas, Fiz de Rozas, Gonzar, León, Narón, Nespereira, Portomarín (San Nicolao), Portomarín (San Pedro), Recelle, Sabadelle, San Mamede de Belaz, San Mamede do Río, Soengas, Vedro, Vilarbasín e Vilaxuste. A capital do concello é Portomarín, situada a 28 km ao S da cidade de Lugo e a 108 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Chantada.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Sitúase... -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Miño en Portomarín. Trátase dunha ponte medieval de laxes de xisto, asolagada polo encoro de Belesar. Sitúase no Camiño Francés de peregrinación a Santiago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Miño en Portomarín. Datada no s XX, realizouse en cantaría e cachotaría con arcos rebaixados e tallamares redondeados. Ten sete vans e situábase na estrada de Portomarín a Sarria e foi asolagada no encoro de Belesar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Xoán de Portomarín.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Portomarín. Data do s XII, e a mediados do s XIII contaba cun hospital de peregrinos. Foi consagrada polo bispo de Lugo Rodrigo II en 1182 e dedicada á Virxe e aos santos Pedro, Cosme e Damián. Trátase dunha construción románica realizada en cantaría de granito. De época medieval só queda a portada, composta de tripla arquivolta de medio punto, abucinada e con media cana na rosca e no intradorso, que se decora con motivos xeométricos. O lintel bilobulado data de 1182 segundo se recolle nunha epígrafe. O tímpano é liso. No interior destaca o sepulcro do marqués de Bóveda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro feminino situado en Portomarín. Recibiu a cuarta parte dos bens de Gundulfo na repartición que realizaron en 925 os pais de san Rosendo, Gutier e santa Aldara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou San Nicolao de Portomarín Igrexa parroquial situada en Portomarín. Pertenceu ao antigo mosteiro de san Xoán, que pertenceu aos cabaleiros de Santiago e despois aos de San Xoán de Xerusalén. En 1963 trasladouse, xunto coa vila, á súa localización actual seguindo un proxecto do arquitecto F. Pons-Sorolla. Construíuse ao longo do s XII. Trátase dunha igrexa-fortaleza con ameas no seu exterior polas que circulaba un camiño de ronda. Ten unha soa nave de planta rectangular, cuberta cunha bóveda de canón, e ábsida semicircular, máis pequena que a nave, decorada cunha moldura de billetes e tres seteiras decoradas. No interior conserva pinturas murais. A fachada principal acubíllase baixo un gran arco de descarga, sobre o que se sitúan dúas pequenas torres con ameas. Baixo o arco a fachada divídese en dúas partes: na superior atópase un gran rosetón calado; e na inferior a portada que amosa as influencias do mestre Mateo. Está formada por unha tripla arquivolta decorada: a...
-
-
Relativo ou pertencente a Portomarín ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Portomarín.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
portomarinense.