"Potosí" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Potosí, Bolivia (133.268 h [2001]). Situada a 4.144 m de altitude, é unha das cidades máis elevadas do mundo e famosa polas súas minas de prata. Fundada en 1544 a raíz do descubrimento de prata, a cidade medrou rapidamente grazas a un elevado crecemento demográfico. Vila imperial (1547) e centro universitario (1571), o esgotamento das vetas de prata na segunda metade do s XVII provocou a súa decadencia definitiva. O estilo barroco introduciuse no s XVII e deu lugar ás igrexas de San Agustín, Santa Teresa e Las Mercedes. A cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Bolivia (118.218 km2; 709.013 h [2001]). A súa capital é Potosí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de San Luis Potosí, México, situada no fértil val de San Luis, en pleno altiplano meridional (670.532 h [2000]). É un importante centro mineiro e agropecuario. Do seu patrimonio cultural destacan o convento de San Francisco (s XVII), a catedral (s XVIII) e a capela do convento de Nuestra Señora de Aránzazu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do N de México (63.068 km2; 2.299.360 h [2000]). A súa capital é San Luis Potosí. Ocupa os altiplanos setentrional e meridional, lixeiramente inclinados cara ao L, onde se atopa a Sierra Madre Oriental. Os ríos son escasos e de pouca importancia, o máis caudaloso é o Pánuco. O clima é árido. Ten minas moi importantes de ouro, prata, cobre, chumbo e mercurio. Habitado por tribos chichimecas e huaxtecas, o territorio foi ocupado polos casteláns en 1519-1520. A colonización foi rápida, especialmente desde que en 1590 se descubriron unhas grandes minas de ouro e prata, que se esgotaron cara a mediados do s XVII, aínda que máis tarde foron descubertas novas vetas. En 1810 uniuse aos independentistas e en 1824 creouse o estado de San Luis Potosí.

    VER O DETALLE DO TERMO