"Prince" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Título co que foi coñecida Ana de Mendoza de la Cerda y Silva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra escrita e ilustrada por Antoine de Saint--Exupéry (1943), que fala con suposta inxenuidade das terribles contradicións da humanidade. Conta a historia dun aviador perdido no deserto que se atopa cun neno, que di ser o príncipe dun pequeno planeta, e que non para de facerlle preguntas estrañas. No libro plásmase o valor da amizade, o heroísmo como meta e a responsabilidade como conduta moral. Carlos Casares publicou en 1972 a tradución ao galego desta obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Haití e do departamento de Oeste (990.558 h [1999]). Está situada na costa occidental da illa e na fértil chaira de Cul de Sac, cun excelente porto no golfo de Genâve. Posúe industria azucreira e de bebidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prince Rogers Nelson.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á primeira edición dunha obra antiga, dunha serie delas. OBS: Tamén se denomina edición príncipe.

    2. Estadista romano, que polas súas accións militares e administrativas, tomaba un papel determinante na vida política do Imperio Romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Princesa encantada que un feitizo converteu en ra, que se localiza na lagoa de Antela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de New Jersey, EE UU (12.016 h [1990]). Situada a 15 km ao NL de Trenton, destaca a Princeton University, fundada en 1746, que destaca pola súa atención case exclusiva á ciencia pura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución estadounidense de carácter privado creada en 1936 na Princeton University. Dedícase á investigación e ao ensino no campo da demografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratamento que se dá a un soberano en sentido xeral.

    2. Soberano que está a cargo do goberno dun principado.

      1. Título exclusivo, nalgúns países, do fillo ou filla primoxénito e herdeiro do rei ou do xefe da casa real. En España recibe os títulos de príncipe de Asturias, Girona e Viana, correspondentes aos primoxénitos dos reinos de Castela, Aragón e Navarra, respectivamente; en Inglaterra o de príncipe de Gales; en Portugal recibía primeiro o de príncipe do Brasil e logo o de príncipe da Beira; e en Italia, o de príncipe de Piemonte ou de Nápoles.

      2. Fillo ou filla dun rei nalgúns países.

    3. Membro dunha casa soberana ou mediatizada.

    4. Persoa que posúe o título nobiliario de príncipe nos países en que este título é concedido.

    5. Persoa ou animal ten a maior superioridade ou calidade entre os da súa clase.

    6. Título que os bispos da Seu d’Urgell adoptaron a partir do s XVIII. O título completo é o de príncipe soberano dos Vales de Andorra, en lugar de señor, empregado ata ese momento. A iniciativa contribuíu de maneira decisiva a transformar o señorío de Andorra en principado e os coseñores en copríncipes, tratamento co que son coñecidos.

    7. Larva da abella raíña que aínda non pode procrear.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e guitarrista. Coñecido como Prince e desde 1997 como The Artist conxugou o soul e o rock con elementos do jazz, o rap, o reggae e outros estilos. Da súa discografía destacan Purple Rain (1984), Around the World in a Day (1985), Parade (1986), Sign of the Times (1987), Lovesexy (1988), Diamonds and Pearls (1991), Crystal ball (1997), Rave Un2 the Joy Fantastic (1999), The Rainbow Children (2001), One Nite Alone (2002) e Musicology (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO