príncipe, princesa

príncipe, princesa

(< lat princĭpe)

  1. s

    Tratamento que se dá a un soberano en sentido xeral.

  2. s

    Soberano que está a cargo do goberno dun principado.

  3. s
    1. Título exclusivo, nalgúns países, do fillo ou filla primoxénito e herdeiro do rei ou do xefe da casa real. En España recibe os títulos de príncipe de Asturias, Girona e Viana, correspondentes aos primoxénitos dos reinos de Castela, Aragón e Navarra, respectivamente; en Inglaterra o de príncipe de Gales; en Portugal recibía primeiro o de príncipe do Brasil e logo o de príncipe da Beira; e en Italia, o de príncipe de Piemonte ou de Nápoles.

    2. Fillo ou filla dun rei nalgúns países.

  4. s

    Membro dunha casa soberana ou mediatizada.

  5. s

    Persoa que posúe o título nobiliario de príncipe nos países en que este título é concedido.

  6. s

    Persoa ou animal ten a maior superioridade ou calidade entre os da súa clase.

  7. s m [HIST]

    Título que os bispos da Seu d’Urgell adoptaron a partir do s XVIII. O título completo é o de príncipe soberano dos Vales de Andorra, en lugar de señor, empregado ata ese momento. A iniciativa contribuíu de maneira decisiva a transformar o señorío de Andorra en principado e os coseñores en copríncipes, tratamento co que son coñecidos.

  8. s m [ZOOL]

    Larva da abella raíña que aínda non pode procrear.

  9. edición príncipe [BIBLIOT/FILOL]

    prínceps.

  10. educación do príncipe [LIT/HIST]

    Literatura que proliferou en tratados orientados á educación moral e política do príncipe como xefe dun estado moderno, que se desenvolveu nos ss XV e XVI. A obra máis importante foi Il principe de Maquiavelo.

  11. príncipe azul [LIT]

    Personaxe literario que representa o concepto de namorado ideal.

  12. príncipe consorte [HIST]

    Título dado xeralmente ao consorte dunha raíña, gran duquesa ou princesa soberana cando non lle é dado o de rei, gran duque ou príncipe.

  13. príncipe da Igrexa [RELIX]

    cardeal.

  14. príncipe das tebras/dos demoños/dos infernos

    Satanás.

  15. príncipe de España

    Título outorgado polo xeneral F. Franco a Xoán Carlos de Borbón e Borbón ao proclamalo o seu sucesor en 1969.

  16. príncipe de sangue [HIST]

    Descendentes por liña masculina da casa real francesa desde Carlos V de Francia.

  17. príncipe dos apóstolos [RELIX]

    San Pedro e san Paulo.

  18. príncipe dos sacerdotes [RELIX]

    Título dos sacerdotes principais de Israel en época de Xesús Cristo. O Novo Testamento semella facer referencia aos grandes sacerdotes destituídos arbitrariamente por Herodes ou polos romanos, e tamén aos membros das familias sacerdotais máis distinguidas, entre os que eran elixidos os grandes sacerdotes.

  19. príncipe elector [HIST]

    Príncipe do Sacro Imperio Romano-Xermánico que tiñan a dignidade electoral para elixir o emperador.

  20. princesa real

    Primeira filla do rei de Inglaterra.