"Provenza" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Departamendo da rexión administrativa de Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia. A capital é Digne-les-Bains (6.925 km2; 138.504 h [estim 1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual en occitano, fundada en Aviñón en 1855, que seguiu editándose baixo formas diversas. Órgano principal do felibrismo, propúxose iniciar ao lector no renacemento literario do provenzal. Mistral publicou nel traballos en prosa e verso, e contribuíu a darlle un estilo peculiar, chamado “prosa de Armana”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de variedades lingüísticas galorrománicas que se falan nunha rexión extensa ao redor de Lyon, Roanne, Saint-Étienne, Bourg, Pontarlier, Grenoble, Chambéry, Val de Aosta, Xenebra, Lausanne e Neuchâtel. A denominación de francoprovenzal foille dada por G. I. Ascoli en 1873. Entre os seus trazos lingüísticos cómpre dicir que o vocalismo é moi afín ao provenzal e o consonantismo máis acorde co francés. Así, no vocalismo destaca que o a tónico se conserva coma no provenzal, pero convértese en ie por influencia de palatal (pra ‘prado’ < lat PRATU); e o -u e -o finais permanecen como -o (desiro ‘quero’). No consonantismo son características as palatalizacións. Con respecto á morfoloxía cómpre destacar os posesivos (notron, votron) e a desinencia de copretérito (purt?avo ‘eu levaba’, mdøzivo ‘eu comía’). O léxico é moi conservador e mesmo se poden atopar voces...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra, filla de Ramón Berenguer IV e de Beatriz de Savoia. Casou con Enrique III de Inglaterra (1236). Favoreceu con cargos importantes os seus parentes savoianos e implicou o rei nos seus proxectos italianos. Enviuvou en 1272 e foi rexente do seu fillo Eduardo ata finais de 1274. Retirouse ao mosteiro de Amesbury. Venerada como santa, a súa festividade celébrase o 1 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Francia, filla de Ramón Berenguer V, conde de Provenza. Casou con Luís IX de Francia. En 1258 Xaime I de Aragón fíxolle doazón dos seus eventuais dereitos sobre o territorio de Provenza, agás Montpellier e o seu señorío, no Tratado de Corbeil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Occitania que limita ao O con Languedoc, ao L con Liguria e Piemonte, ao N co Delfinado e ao S co Mar Mediterráneo. Pertence á rexión Provenza-Alpes-Costa Azul da división administrativa francesa. O relevo presenta unha estrutura graduada desde unha liña de cristas prealpinas ou alpinas (monte Vetor 1.912 m; monte Pelat 3.053 m) ata o mar. Este feito explica o clima mediterráneo uniforme, seco e luminoso. Diferénciase entre a Provenza do Ródano e do baixo Durance, a Provenza marítima (Costa Azul), a Provenza alpina e a Provenza interior. A parte do territorio industrial corresponde ao L, o punto onde se articula a cidade de Marsella e o Ródano. A industria petrolífera substituíu a antiga elaboración industrial do azucre e do aceite e patrocinou a creación dun complexo petroleoquímico portuario. O turismo é un dos seus recursos máis importantes. Dominada polos romanos, constituíuse a partir do Tratado de Verdún (843) como unha fronteira, establecida polos carolinxios no Ródano....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Francia (31.400 km2; 4.506.151 h [1999]). Comprende os departamentos de Altos Alpes, Alpes da Alta Provenza, Alpes Marítimos, Bouches-du-Rhône, Var e Vaucluse. A súa capital é Marsella.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Provenza, á súa lingua ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Provenza.

    1. Aplícase ao conxunto da cultura (lingua, literatura, arte) occitana. O uso do termo referido a todo o mundo occitano débese á influencia da antiga literatura dos trobadores, que consagraron o seu uso; con todo a finais do s XX, esta denominación caeu en desuso en favor do termo occitano para referirse á lingua, á literatura e á arte de todos os países de Oc.

    2. ariedade lingüística do occitano medio. Desde o punto de vista lingüístico é un dialecto falado nos antigos territorios do reino de Provenza, do condado Venaissí e do condado de Niza. Divídese en cinco grupos: o rodaniano, fala base da lingua mistraliana (Aviñón, Arles, Camarga, Nîmes, etc); o marítimo (costa mediterránea, de Marsella a Antíbol); o baixo alpino (parte sur dos Baixos Alpes ata Apt, en Valclusa); o central, que fai de unión entre os tres grupos precedentes, e o nizardo, no antigo condado de Niza. O provenzal comparte co languedociano tres trazos esenciais: a conservación dos grupos latinos KA- e GA- (cantar, cabra; gal < GALLU), a conservación do -S- nos grupos consonánticos -SK-, -SP-, -ST- (espiar, tèsta, escòla) e a conservación do -l- intervocálico, que provén do -L- ou do -LL- latinos (pala, salar, galina). E distínguese del por seis trazos esenciais: mantemento de n...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Foi un dos introdutores da ópera veneciana en Nápoles; coas súas óperas, como Lo schiavo di sua moglie (1672), contribuíu a formar a escola napolitana de ópera. Tamén escribiu oratorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento lingüístico propio do provenzal, ou que procede del, que se incorporou noutra lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudoso ou cultivador da lingua e a literatura provenzais.

    VER O DETALLE DO TERMO