"Pskov" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (206.000 h [1997]). Situada á beira do río Velikaja, na confluencia co Pskov, é un núcleo industrial, especializado en construcións mecánicas. Fundada en 903, estivo suxeita a Novgorod ata que se converteu en principado independente (1348). Foi anexionada ao principado de Moscova por Basilio III (1510). Conserva a muralla fortificada e o Kremlin (s XII), coas típicas torres ruso-bizantinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (55.300 km2; 811.200 h [estim 1999]). A súa capital é Pskov.

    VER O DETALLE DO TERMO