"Ptolomeo V" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Epífanes (210? a C - 181 a C) Rei de Exipto (197-181 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo IV. Orfo desde os cinco anos, durante a súa minoría de idade perdeu Celesiria e Asia Menor na Batalla de Panio (200 a C).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filométor (185? a C - 145 a C) Rei de Exipto (181-145 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo V. Durante a súa minoría de idade gobernou a súa nai Cleopatra I. Neste período Antíoco IV invadiu Exipto (170 a C), pero apresárono e fixo elixir rei ao seu irmán, Ptolomeo VIII. Roma detivo unha nova invasión de Antíoco (168 a C) e interveu decididamente desamigando a ambos os dous irmáns e atribuíndo Cirenaica ao seu fillo Ptolomeo VII Neofilopátor (162 a C-144 a C), asasinado ao cabo dun ano polo seu tío Ptolomeo VIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Everxetes (182 a C - 116 a C) Rei de Exipto (145-116 a C), fillo de Ptolomeo V e irmán de Ptolomeo VI. Reinou co seu irmán (170-163 a C) ata converterse en rei da Cirenaica (163-145 a C). No intento de tomar Chipre (154 a C), foi derrotado polo seu irmán. Morto este (145 a C), casou coa viúva Cleopatra II e coa fillastra desta, Cleopatra III. A oposición da poboación helenística provocou que Cleopatra II o expulsase (130 a C). Reconciliados novamente (124 a C), deu unha ampla amnistía (118 a C).