Balenyà
Balenyà
Municipio da provincia de Barcelona, na chaira de Vic (3.025 h [1996]). As principais actividades económicas derivan dos seus recursos agropecuarios (cereais, patacas e forraxe) e do gando bovino, porcino e ovino, xunto coa fabricación de embutidos) Tamén cómpre salientar as manufacturas de teas metálicas e de tecidos. A capital municipal é Hostalets de Balenyá.