"Québec" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Québec, Canadá (169.076 h [2001]), situada á beira N do San Lourenzo. As áreas industriais sitúanse na cidade baixa e moi preto do porto fluvial. É unha cidade de funcións basicamente terciarias. A industria produce pasta de papel, produtos alimentarios, confección e tabacos. Tamén destaca a industria naval e a refinaría de petróleo en Saint-Romuald, na área suburbana. Fundouna o francés Samuel de Champlain en 1608 como forte e centro do comercio colonial de peles, e é a cidade máis antiga de Canadá. En 1663 o bispo Laval fundou nela un seminario que se converteu posteriormente na universidade, a máis antiga de Canadá. Atacada polos ingleses dúas veces sen éxito (1639 e 1711), foi conquistada en 1759 e incorporada ao Imperio Británico pola Paz de París de 1763. Foi sempre a capital legal da provincia e a espiritual de todos os canadenses de fala francesa. O centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Canadá (1.540.680 km2; 7.237.480 h [2001]). A súa capital é Québec. Limita co estreito de Hudson e a baía de Ungava ao N, o Mar do Labrador ao L, o golfo de San Lourenzo e New Brunswick ao SL, EE UU ao S e Ontario e a baía de Hudson ao O. A parte setentrional do territorio é unha penechaira que levanta cara ao S ata a orla paralela ao río San Lourenzo. Os principais cultivos son a forraxe, a remolacha azucreira, o tabaco e as froiteiras. Os recursos mineiros máis importantes son o amianto, o cobre, o ferro, o cinc e o ouro. A industria combina as industrias tradicionais (fiadura, tecidos, confección, coiro, tabacos e alimentaria), coas modernas, como a construción de material ferroviario, naval, de maquinaria, as derivadas da madeira e da enerxía hidráulica e a industria química. A poboación autóctona (alonquinos e iroqueses) apenas representa o 2% da poboación total, formada principalmente por francófonos (85%). O 13% restante está constituído por anglófonos....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de tres reunións que se desenvolveron en Québec. Froito da primeira conferencia (1864) xurdiu a British North America Act (1867), polo que se creou o dominion do Canadá. Na segunda (1943) e terceira (1944), F. D. Roosevelt e W. Churchill discutiron a estratexia da guerra en Europa, pero non chegaron a ningún acordo definitivo.