"Queixumes dos pinos" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Único libro en galego publicado en vida por Eduardo Pondal e que constitúe un dos máis importantes e representativos do Rexurdimento. Na súa primeira edición (1886), o autor incluíu 91 composicións poéticas, da que forma parte o poema “Os pinos”, texto en que se fundamenta o Himno Galego. Partindo do seu desexo por construír unha épica galega propia, cimentada en diversas tradicións cultas e nas referencias mitolóxicas, das que era un profundo coñecedor, e co apoio da súa formación clásica, Pondal tentou enaltecer os valores do pobo galego a través dun extraordinario exercicio literario. A partir da recreación das vidas dos guerreiros celtas, pobo en que procura as raíces de Galicia, elabora un discurso co que pretende ir máis alá dun cambio na visión de Galicia e dos galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de danzas formado en Ourense en 1994 e dirixido por J. A. Viñas Mira. Constituído por 38 compoñentes, basean os seus espectáculos na cultura tradicional e popular galega.

    VER O DETALLE DO TERMO