Galicia Sports

Galicia Sports
[PUBLIC]

Revista mensual deportiva editada en Vigo a partir de abril de 1991. Editada por Pro-Racquets SL, actuou como máximo responsable Fernando Rey Tapias. Incluíu, ademais de reportaxes sobre tenis, baloncesto, ciclismo, automobilismo e fútbol, entrevistas, noticias e artigos de opinión.