Galicia Viva

Galicia Viva

Publicación de información xeral e cultural editada en Ourense a partir do 15 de xullo de 1984. Cesou a súa edición en maio de 1987. Editada por Aurea de Comunicaciones, foi dirixida sucesivamente por Roberto Cid e Manuel Montes. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región e tiña unha tiraxe de 22.000 exemplares. Ademais da información de actualidade, incluíu artigos sobre política, economía, sociedade, cultura e deportes.