"Quirón" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Corpo celeste descuberto por Ch. Kowal desde o observatorio Palomar en novembro de 1977. A súa órbita está entre as de Saturno e Urano, nun plano moi próximo ao da eclíptica, cun período de revolución sideral aproximadamente de 51 anos. Visto como un asteroide con comportamento non usual, as últimas observacións fixeron concluír que se trata dun cometa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de indicar coa man o ritmo e a liña dunha melodía. Practicada antigamente, o seu uso perdurou no gregoriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quironómidos.

    2. Insecto da familia dos quironómidos.

    3. Familia de insectos dípteros nematóceros, xeralmente diminutos, con aspecto típico de mosquito, aparello bucal delgado, ríxido e curto, do tipo picador ou zugador, sen mandíbulas, de patas longas e delgadas, ás con nervios numerosos e case paralelas e sen escamas, e con antenas verticiladas. As larvas son acuáticas, case sempre de auga doce, e desenvólvense en lugares húmidos ou en materia orgánica. Os adultos danzan en enxames, no aire, ao atardecer. As larvas do xénero Chironomus, micrófagos filtradores, representan un importante material de estudos ecolóxicos (osíxeno disolto, polución ou substitución de comunidades).

    VER O DETALLE DO TERMO