Quirón
Quirón
Corpo celeste descuberto por Ch. Kowal desde o observatorio Palomar en novembro de 1977. A súa órbita está entre as de Saturno e Urano, nun plano moi próximo ao da eclíptica, cun período de revolución sideral aproximadamente de 51 anos. Visto como un asteroide con comportamento non usual, as últimas observacións fixeron concluír que se trata dun cometa.