"RPR" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • Fármaco antipsicótico. É un aceite con olor a amina; o seu clorhidrato é un sólido moi soluble en auga que funde a 195°C. Emprégase como tranquilizante en estados psicóticos e, especialmente, na deshabituación ao alcol, como antiemético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pasaxe dun autor antigo, mal transmitida e de interpretación imposible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de interpretación das fotografías aéreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode interpretar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de interpretar.

    2. Arte de entender ou declarar o contido ou sentido dun escrito, un discurso ou unha obra de arte, que presenta un sentido escuro ou que ofrece dúbidas. Denomínase hermenéutica á interpretación dos textos filosóficos e eséxese á interpretación bíblica.

    3. Arte e técnica de representar ou encarnar un personaxe dunha obra escénica, cinematográfica, radiofónica ou televisiva. Desde o s XVII existen traballos teóricos destinados á formación do actor, dos que destaca Paradoxe sur le comédien de Diderot. Durante o s XIX xurdiu unha nova concepción máis total da misión do actor. Cómpre mencionar nesta liña a A. Antoine, A. M. Lugné-Poe e, sobre todo, K. Stanislavskij, que baseou o seu método na identificación total do actor co personaxe. B. Brecht defendeu que o actor debía ter unha postura crítica fronte ao seu personaxe. Entre os modernos figura como máis destacado J. Grotowski.

    4. Acción de interpretar o sentido das normas xurídicas na súa aplicación a un caso concreto. Denomínase auténtica cando a efectúa o mesmo lexislador, doutrinal cando se fundamenta na opinión de xuriconsultos e xudicial cando se basea na xurisprudencia dos tribunais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Explicar ou comentar o sentido ou o significado de algo.

      2. Atribuír a unha cousa un significado determinado.

      3. Captar o significado dalgunha cousa.

    1. Presentar ou executar alguén unha obra, especialmente unha obra musical ou coreográfica, ou a un autor determinado.

    2. Representar alguén, especialmente un actor, un papel determinado nunha obra dramática ou nunha película.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á interpretación.

    2. Que serve para interpretar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que interpreta.

    2. Persoa que fai de intermediaria, traducindo o contido dunha mensaxe, entre outras que falan linguas diferentes e que mutuamente ignoran.

    3. Aquilo que serve para dar a coñecer os afectos ou as intencións que están no ánimo dunha persoa ou dunha colectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que afecta á vez a dúas ou máis profesións ou actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria bizantina creada tras a reforma de Aleixo I Comneno de Bizancio en 1092. Cuñouse ata a primeira metade do s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rassemblement pour la République.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa sorpresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Descubrir a alguén nunha situación que se quería ocultar.

    2. Coller por sorpresa a alguén.

    3. Producir estrañamento ou asombro unha cousa inesperada.

    4. Sentir admiración por algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impresión que produce un feito inesperado.

    2. Feito inesperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. sobreprodución.

    2. Filme que require un custo extraordinariamente elevado polos medios de produción utilizados, as esixencias do argumento e a categoría dos artistas que nel interveñen.

    VER O DETALLE DO TERMO