"RSM" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • CONDADOS

    Condado metropolitano do Gran Londres, Inglaterra, Reino Unido (156.718 h [1996]). Basicamente residencial, xurdiu en 1965 da fusión dos distritos metropolitanos de Fulham e Hammersmith.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz, bailarina, coreógrafa e directora de escena belga. Realizou estudios na escola Mudra de Bruxelas e en Nova York. Despois de presentar varios espectáculos como Asch ou Fase, en 1983 creou a compañía Rosas, coa que estreou nese mesmo ano o espectáculo Rosas danst Rosas, que lle valeu o recoñecemento internacional e no que mostrou os seus trazos máis característicos: minimalismo, movemento baseado en accións sinxelas e cotiás, traballo con obxectos básicos, forte acompañamento musical, ausencia de escenografía e a presenza única da muller bailarina. Outros traballos seus son Bartóc Aantekeningen (1986), Toccata (1993), Just Before (1997) ou Drumming (1998). Xunto con Pina Bausch ou Lucinda Childs, é unha das grandes formuladoras do xénero denominado danza-teatro e unha das coreógrafas máis destacadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor neerlandés. Influído polo expresionismo alemán e máximo responsable da revista De Vrije Bladen (1926), desenvolveu un estilo dunha grande expresividade vitalista. Da súa produción destacan o libro de poemas Paradise Renegained (1927), os ensaios De anatomische les (A lección de anatomía, 1926) e De lamp van Diogenes (A luz de Dióxenes, 1928), e as novelas De dood van Angèle Degroux (A morte de Angèle Degroux, 1933) e Heden ik, morgen gij (Hoxe por min, mañá por ti, 1936), en colaboración con S. Vestdijk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SIGLAS

    Sigla de San Marino na placa de estado.

    VER O DETALLE DO TERMO