Keersmaecker, Anne Teresa de

Keersmaecker, Anne Teresa de

Actriz, bailarina, coreógrafa e directora de escena belga. Realizou estudios na escola Mudra de Bruxelas e en Nova York. Despois de presentar varios espectáculos como Asch ou Fase, en 1983 creou a compañía Rosas, coa que estreou nese mesmo ano o espectáculo Rosas danst Rosas, que lle valeu o recoñecemento internacional e no que mostrou os seus trazos máis característicos: minimalismo, movemento baseado en accións sinxelas e cotiás, traballo con obxectos básicos, forte acompañamento musical, ausencia de escenografía e a presenza única da muller bailarina. Outros traballos seus son Bartóc Aantekeningen (1986), Toccata (1993), Just Before (1997) ou Drumming (1998). Xunto con Pina Bausch ou Lucinda Childs, é unha das grandes formuladoras do xénero denominado danza-teatro e unha das coreógrafas máis destacadas.

Cronoloxía

  • Nacemento