"Ramírez" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
GALICIA
Poeta e crítico. Licenciado en Filosofía e Letras, especializouse en artes gráficas. Empregou o pseudónimo de Alejandro Finisterre. Foi colaborador de radio, televisión e prensa de distintos países. Fundou a revista Paso a la juventud (1946); xunto co poeta Rafael Sánchez Ortega, foi redactor xefe do xornal bilingüe L’Espagne e director da empresa editorial Ecuador 0° 0’ 0, Revista de poesía universal, en México. Amais, foi o inventor do futbolín. Publicou os poemarios Cantos Quintos (1946), Cantos esclavos (1948), Cantos rodados (1950), Café, coñá y puro (1956) e Rial (1964), entre outros, o ensaio Con, sin, sobre, tras la poesía (1959) e a peza dramática Del amor y de la muerte (1961). Como autor de antoloxías poéticas hai que destacar a súa obra Poesía de Galicia contemporánea (1961), acompañada dun estudo preliminar. Tamén realizou os estudios Seis danzas catalanas (1947), Historia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático. Foi investigador do Centro de Estudios Históricos onde pertenceu ao grupo de lingüistas formado por Navarro Tomás e Rafael Lapesa. Foi profesor de latín e grego, tradutor do tratado de Paul Kretschmer sobre a lingüística grega e latina, e lector de castelán na Universidade de Hamburgo (1925-1926). Comezou a recompilar en fichas -que el denominou cédulas- o seu Archivo Gramatical de la Lengua Española (AGLE), constituído por máis de 100.000 citas que recollían fenómenos de lingua, coa intención de que lle servisen de corpus para a confección da gramática que proxectaba (editado polo Instituto Cervantes, a cargo de José Antonio Millán, Maite Rivero e Ignacio Bosque, 1997-2002). Á súa morte só aparecera un volume da Gramática Española (Los sonidos, el nombre y el Pronombre) (1951) e os seguintes quedaron en distintos estadios de elaboración, pero foron publicados posteriormente (1985-1991). Influenciado, sobre todo, por L. Hjelmslev, K. Bühler, R. Jakobson, a escola...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e ceramista. Discípula de Carlos Maside, nalgunha das súas obras reflectiu elementos que caracterizaron a obra do seu mestre. Como ceramista traballou para o taller Cerámica Artística Gallega, de Escudero e Asorey, e en Cerámica Celta, onde coincidiu con Castelao, Carlos Sobrino, Xoán Acuña e Manuel Torres, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Foi alcalde do crime en Sevilla (1767) e alcalde de casa e corte (1778) en Madrid, cidade na que contactou cos ilustrados. Coa chegada ao poder de Godoy, foi perseguido, detido e deportado a Mallorca, confinado primeiro na cartuxa de Valldemossa (1801) e, posteriormente, no castelo de Bellver (1802). Liberado en 1808, trala abdicación de Carlos IV, negouse a participar no equipo afrancesado, e formou parte da Junta Suprema Central y Gubernativa del Reino, onde representaba a tendencia ilustrada oposta ao Antigo Réxime e ao liberalismo político. Distinguiuse polas súas ideas renovadoras (humanización da xustiza, fomento das obras públicas, regalismo, loita contra a Inquisición, racionalización do ensino -que consideraba o motor máis potente de transformacións-, liberalismo económico). Expuxo as súas ideas político-económicas no Informe sobre el Banco de San Carlos (1782) e, especialmente, en Informe en el expediente de ley agraria (1795). Escribiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e eclesiástico. Foi retor da Universidad de Salamanca (1787), deputado por Extremadura ás Cortes Generales (1810) e presidente da comisión encargada da elaboración da constitución nas Cortes de Cádiz. Defensor da liberdade de imprenta e da abolición da Inquisición, foi encarcerado por orde de Fernando VII (1815). Tras a sublevación de José del Riego (1820), foi liberado e elixido deputado (1822), pero coa restauración do absolutismo tivo que exiliarse en Portugal (1823), onde tamén foi perseguido polas súas ideas liberais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido patronímico que deriva do nome Ramiro.
-
Apelido de orixe galega que trae por armas escudo terciado en pau: 1, de ouro, con tres bandas de azul; 2, de azul, con tres flores de lis de ouro, colocadas en pau; 3, de prata, cunha árbore de sinople, sinistrada dun león da súa cor, empinado ao tronco. Outro trae, en campo de prata, unha árbore de sinople sinistrada dun león da súa cor, empinado ao tronco; bordura de goles, cargada de oito aspas de ouro. Outro leva, en campo de sinople, tres paus de prata.
-
-
PERSOEIRO
Político e escritor mexicano. Coñecido como El Nigromante, basicamente polemista, malia que tamén foi poeta, ofrece unha curiosa contradición entre o seu conservadorismo literario e o seu revolucionismo político de pegada voltairiana. Foi ministro de Xustiza e Fomento (1861) e maxistrado da Suprema Corte de Justicia (1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cosmógrafo e navegante. En 1618, xunto cos irmáns Nodal, explorou o estreito de Magallanes e o cabo de Hornos do que determinou a latitude. Co seu nome, Diego Ramírez, desígnanse un grupo de illas ao S de Tierra del Fuego, descubertas durante a expedición. Escribiu Reconocimiento de los estrechos de Magallanes y de San Vicente y algunas cosas curiosas de navegación (1621).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e administrador. Inquisidor en Sevilla e oidor en Granada, en 1524 foi nomeado bispo de Santo Domingo e presidente da audiencia de Nueva España en 1527. Regresou a España e foi bispo de Tui (1538-1540), León (1539-1542) e Cuenca (1542-1547) e presidente da Chacelaría de Valladolid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e historiador, primeiro marqués de Villaurrutia. Foi ministro plenipotenciario e en 1898 interveu no Tratado de París. Foi embaixador en Austria entre 1902 e 1905 e ministro de Estado en 1905. Escribiu diversas obras de historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Tui (1771-1774). Pertenceu á orde franciscana, da que foi provincial e doutorouse na Universidad de Sevilla. Foi bispo auxiliar de Cartagena (1761), bispo titular de Tunes (1761), bispo de Chiapa (Guatemala, 1769) e arcebispo de Santa Fe (Bogotá, 1769), sé a que renunciou para ser prelado de Tui, conservando o título de arcebispo-bispo. Foi un dos creadores da biblioteca episcopal. Publicou Defensa de la Doctrina de Santo Tomás (1773).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor cinematográfico. Coñecido como Ignacio Quirós, formouse na compañía do Instituto de Arte Moderno de Bos Aires. Contratado pola produtora Argentina Sono Filmes (1956), da súa filmografía destaca Cinco gallinas y el cielo (1957), pola que recibiu un premio en Donostia; En la ardiente oscuridad (1959, Premio no Festival de Cine de Moscova), El despertar del sexo (1963), Bajo el signo de la patria (1970); Seis pasajes al infierno (1975), Atracción peculiar (1987) e Siempre es difícil volver a casa (1992). A partir da década de 1980, centrouse no mundo da televisión, onde protagonizou numerosas series, como Venganza de mujer (1986) e Como pan caliente (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e poeta, duque de Rivas. Liberal, fuxiu a Londres (1823), Italia (1825) e Malta. Amnistiado en 1834, volveuse conservador e tivo que fuxir novamente (1837). Foi embaixador en Nápoles e París, e presidente do Consello do Estado (1863). Nas primeiras obras evidenciou influencias neoclásicas, pero os contactos que mantivo durante os seus exilios, sobre todo en Malta, convertérono nun romántico apaixonado. Das súas obras destacan a obra poética El Moro Expósito (1834) e Don Álvaro, o la fuerza del sino (1835), unha das obras clave do teatro romántico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Dominicana (1.196 km2; 151.560 h [2002]). A súa capital é Cotuí (37.745 h [2002]).
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1063-1094) e de Navarra (Sancho V; 1076-1094), fillo e sucesor de Ramiro I. Despois de conquistar as ribeiras do Cinca, ocupou Arguedas (1084) e polo curso do Gállego achegouse a Zaragoza. As conquistas (1083-1084) e o establecemento da posición de Montaragón (1088) sinalaron o inicio dunha ofensiva contra Huesca que rematou o seu fillo Pedro I de Aragón (1096). Loitou na Guerra dos Tres Sanchos ao lado do seu curmán Sancho IV de Navarra contra Sancho II de Castela, que foi derrotado en Viana (1067). Ao morrer asasinado Sancho IV de Navarra (1076), incorporou o reino aos seus dominios.
VER O DETALLE DO TERMO