Fernández Ramírez, Salvador

Fernández Ramírez, Salvador

Gramático. Foi investigador do Centro de Estudios Históricos onde pertenceu ao grupo de lingüistas formado por Navarro Tomás e Rafael Lapesa. Foi profesor de latín e grego, tradutor do tratado de Paul Kretschmer sobre a lingüística grega e latina, e lector de castelán na Universidade de Hamburgo (1925-1926). Comezou a recompilar en fichas -que el denominou cédulas- o seu Archivo Gramatical de la Lengua Española (AGLE), constituído por máis de 100.000 citas que recollían fenómenos de lingua, coa intención de que lle servisen de corpus para a confección da gramática que proxectaba (editado polo Instituto Cervantes, a cargo de José Antonio Millán, Maite Rivero e Ignacio Bosque, 1997-2002). Á súa morte só aparecera un volume da Gramática Española (Los sonidos, el nombre y el Pronombre) (1951) e os seguintes quedaron en distintos estadios de elaboración, pero foron publicados posteriormente (1985-1991). Influenciado, sobre todo, por L. Hjelmslev, K. Bühler, R. Jakobson, a escola de Praga e Menéndez Pidal, a súa gramática é descritiva e sincrónica, e recolle unha gran cantidade de exemplos. Ademais colaborou no Dicionario Histórico de la Lengua Española e, desde 1969, foi o encargado das partes de fonética, fonoloxía, morfoloxía e ortografía do Esbozo de una nueva gramática (1973). Membro da Real Academia de la Lengua Española (1959).

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : drid

  • Deceso