"Ramiro II" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Rei de León e Galicia (931-951), fillo de Ordoño II. A renuncia do seu irmán Afonso IV levouno ao trono leonés, que tivo que defender das acometidas sarracenas. Artellou unha coalición navarro-leonesa-castelá que levou á vitoria na Batalla de Simancas (939) sobre as tropas de ‘Abd al-Ra ḥ mān III. Durante o seu reinado produciuse a fundación de numerosos mosteiros en Galicia. Non puido evitar a independencia castelá baixo a dirección do conde Fernán González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Monxe ou o rei Cugula (? 1080? - Huesca 1157) Rei de Aragón e conde de Ribagorza (1134-1137), fillo de Sancho I de Aragón e irmán de Pedro I de Aragón e de Afonso I de Aragón. Entrou no mosteiro beneditino de Tomeres e cara a 1130 pasou ao priorado de San Pedro el Viejo de Huesca, e obtivo o bispado de Roda-Barbastro. Foi elixido rei polos aragoneses en 1134 tras a morte de Afonso I de Aragón, sen descendencia, que deixara o reino ás ordes militares. Por este motivo tivo que enfrontarse a Navarra e Castela. Coa conquista de Zaragoza por Afonso VII de Castela, refuxiouse en Catalunya. Recuperou o trono coa axuda dos cataláns e en 1137 acordou casar a súa filla Petronila con Ramón Berenguer IV de Barcelona, a quen traspasou os dereitos e prerrogativas do reino, aínda que conservou o título de rei. Retirouse ao priorado de San Pedro el Viejo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de León, Asturias e Galicia (966-985), fillo e sucesor de Sancho I. Accedeu ao trono cando era menor de idade e exerceron a rexencia a súa tía, Elvira de León e a súa nai, Tareixa Ansúrez (966-975). Neste período os magnates de Galicia, Portugal e Tierra de Campos actuaron con case total independencia. En 968 enfrontouse a un ataque normando e en 974, cunha coalición de navarros, casteláns e leoneses, foi derrotado por Galib, xeneral do califa al-Hakam II. Dous anos máis tarde, Almanzor dirixiu unha primeira expedición contra o reino leonés e en 981 os sarracenos destruíron Zamora. Enfrontado novamente a Almanzor, foi derrotado en Rueda en 981. Estes fracasos militares desprestixiárono, e o seu curmán Vermudo II foi coroado rei en Santiago de Compostela polos nobres galegos en 982.

    VER O DETALLE DO TERMO