Ramiro III
Rei de León, Asturias e Galicia (966-985), fillo e sucesor de Sancho I. Accedeu ao trono cando era menor de idade e exerceron a rexencia a súa tía, Elvira de León e a súa nai, Tareixa Ansúrez (966-975). Neste período os magnates de Galicia, Portugal e Tierra de Campos actuaron con case total independencia. En 968 enfrontouse a un ataque normando e en 974, cunha coalición de navarros, casteláns e leoneses, foi derrotado por Galib, xeneral do califa al-Hakam II. Dous anos máis tarde, Almanzor dirixiu unha primeira expedición contra o reino leonés e en 981 os sarracenos destruíron Zamora. Enfrontado novamente a Almanzor, foi derrotado en Rueda en 981. Estes fracasos militares desprestixiárono, e o seu curmán Vermudo II foi coroado rei en Santiago de Compostela polos nobres galegos en 982.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : León