"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • Abanar o barrelo para tranquilizar ou facer durmir os nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio que serve para abrir as latas ou botes de conservas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Entre 1968-1970 formou parte de Acción Católica. Cos gobernos da UCD foi Ministro de Agricultura e Vicepresidente Económico durante o mandato de Adolfo Suárez (1976-1979). Conservou a súa acta de deputado ata 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de pintura de cores transparentes, acadados pola disolución dos pigmentos en auga e goma arábiga. A transparencia das capas de pintura, da que depende a intensidade da cor, impide a corrección da pincelada, o que converte a acuarela nunha técnica de carácter moi espontáneo. Na Idade Media empregábase unha técnica semellante na ilustración dos manuscritos. Posteriormente, na Alemaña, pintores como Durero e Holbein utilizárona para dar unha nota de cor aos seus debuxos. A implantación definitiva chegou coa escola paisaxística inglesa dos ss XVIII e XIX (Girtin, Cotman, Turner, Constable, Bonington e outros) e máis tarde foi adoptada polo impresionismo francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O que pinta acuarelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pasar un punzón entre as ringleiras de gran das mazarocas para facilitar o labor da debulla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar grelos as plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia da beira meridional da Ría de Pontevedra situada na parroquia de Cela, concello de Bueu, entre as puntas Corveiro ao S e Cabezón da Ría ao N.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 550 metros ANCHURA MEDIA: 20 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: No
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Dourada CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: No
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: No BANDEIRA AZUL: No
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: No SINALIZACIÓN DE PERIGO: No POLICÍA LOCAL: No POSTO CRUZ VERMELLA: Si EQUIPO SALVAMENTO: Si
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor da Escola de Artes Aplicadas de Lugo. Estudou na Escola de Artes Decorativas de Madrid. Participou en numerosas exposicións dende mediados da década de 1960, desvencellado de calquera movemento ou escola, aínda que sempre cunha proposta estética comprometida coa realidade popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, autor e director teatral, cunha traxectoria estreitamente vinculada á súa vila natal, onde desenvolve unha importante actividade no eido da animación e promoción do teatro escolar e afeccionado. En 1973 potenciou a creación do grupo Candea co que realizou diversos espectáculos, entre os que cómpre salientar Pancho de Rábade (1974), a partir dun texto homónimo de Álvaro de las Casas, ou Noite de lobos (1975), Metá e metá (1976) e O mestre (1978), a partir de textos da súa autoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutorado en Sagrada Teoloxía con especialización en Liturxia no Pontificio Ateneo Antoniano de Roma. Foi vigairo provincial da provincia franciscana de Santiago e secretario da Facultade de Teoloxía do Pontificio Ateneo Antoniano. Desde 1986 desempeña o cargo de secretario da provincia franciscana de Santiago, amais de ser promotor de Formación Permanente e mestre de Liturxia e Teoloxía Espiritual no Instituto Teolóxico Compostelano. Participou na preparación das edicións galegas do Diurnal e do Leccionario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romántico da década do 1850 integrante do Liceo de la Juventud. Estudiou Dereito na Universidade de Compostela. Dende moi novo promoveu no Liceo de San Agustín unhas xornadas literarias, que o converten xa nun punto de referencia do movemento literario compostelán. Alí trabou amizade con Pondal, Luís Rodríguez Seoane e Rosalía de Castro, a quen dedicou o poema “Improvisación” e sobre a que influirá nun futuro. De feito a poesía “El murmullo de las olas” de Aguirre vén sendo un adianto de “Negra sombra” de Rosalía. Participou tamén como miliciano no levantamento de 1854 e foi, xunto con Eduardo Pondal, unha das figuras sobranceiras do Banquete de Conxo. Amais dun drama e da narración Risas y lágrimas, el mesmo comezou a publicación da súa obra poética, volume que sairía do prelo postumamente co título de Ensayos poéticos (1856-1858). A súa poesía, chea de sentimentalismo ten en María, Efigenia e Felisa Taboada as súas protagonistas. Xa que logo, toda ela está inzada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de gaitas vigués. A historia desta formación musical está intimamente ligada ao grupo Airiños da Nogueira, xa que este daría orixe ao grupo Airiños do Parque de Castrelos no 1946. Cuarteto integrado por Severo Davila, Enrique O Merello, Juan González e Manolo Davila, verá alterada a súa formación coa incorporación de Wenceslao Cabezas Polo que dende ese momento converteríase na voz do grupo. A década que vai do 1955 ata o 1966 supuxo para Airiños do Parque de Castrelos unha etapa de continuas substitucións dos compoñentes e cambios na súa estrutura instrumental, xa que o cuarteto se converte en quinteto coa inclusión da pandeireta e a substitución da caixa, moi empregada por aquel entón nos grupos tradicionais, polo tambor. Airiños sempre tivo unha forte vinculación co baile, en concreto con Coros e Danzas da Sección Femenina, que posteriormente se integraría no Concello de Vigo baixo o nome de Escola Municipal de Danza, e Coros e Danzas de Redondela, xa no 1993....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Albalat de Mossén Sorell . Concello da provincia e Comunitat Valenciana (3.530 h [1996]). Agricultura de horta, laranxas e viñas. Materiais de construción e conservas vexetais. Igrexa parroquial do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clase de uva que produce un bo viño tinto. Cultívase nas comarcas de Quiroga, Valdeorras, no val de Monterrei e no Ribeiro. A cepa do albarello, aínda que moi produtiva, é facilmente atacada polo oidium. O viño consérvase ben e existe a crenza de que aumenta o seu vigor cando se traslada a outros países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do Vilaza pola dereita que nace no Lombo dos Paraños (a 500 m de altitude), da confluencia de varios regueiros, e atravesa en dirección NO-SL, aproveitando unha fractura no terreo, as parroquias de Infesta, Albarellos e Vilaza do concello de Monterrei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boborás baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterrei baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Encoro no curso alto do río Avia; recolle, principalmente, a auga do río Cardelle, aínda que tamén conflúen nel outros ríos (Couso e Valdeiras) e regueiros (Val de Cerdeiras, Cabaleiros, da Serra, Pallares, etc). Está situado no territorio dos concellos do Covelo, Avión e Leiro.

    VER O DETALLE DO TERMO