Agrelo Hermo, Xosé
Agrelo Hermo, Xosé
Actor, autor e director teatral, cunha traxectoria estreitamente vinculada á súa vila natal, onde desenvolve unha importante actividade no eido da animación e promoción do teatro escolar e afeccionado. En 1973 potenciou a creación do grupo Candea co que realizou diversos espectáculos, entre os que cómpre salientar Pancho de Rábade (1974), a partir dun texto homónimo de Álvaro de las Casas, ou Noite de lobos (1975), Metá e metá (1976) e O mestre (1978), a partir de textos da súa autoría.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Noia