"Romai" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortificación de orixe medieval situada en San Xoán de Castromaior, no concello de Abadín. Relacionada co conde Fadrique, que lla mercou a Xoán Freire de Andrade a comezos do s XV, foi o lugar onde se retirou e finou Isabel de Castro trala execución do seu esposo, o mariscal Pardo de Cela. Os restos deste castelo foron declarados Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Portomarín. Construída a finais do s XII en estilo románico, no seu interior destaca o arco triunfal de medio punto, apoiado sobre un par de columnas con capiteis de sinxela decoración a base de follas e bólas. Na porta principal sobresae a disposición lonxitudinal das doelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dromaidos.

    2. Ave da familia dos dromaidos.

    3. Familia de aves á que pertence o emú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos dromaidos, á que pertence o emú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romain Kacew.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e diplomático francés. Coñecido como Gary Romain, da súa produción destacan Éducation européenne (1945), Les racines du ciel (Premio Goncourt 1956), La Promesse de l’aube (1960), Chien blanc (1970) e Les cerfs volants (1980). Co pseudónimo de Émile Ajar publicou La Vie devant soi (Premio Goncourt 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Autor de dramas históricos e filosóficos, como Les loups (1897) e Le quatorzejulliet (1902); biografías, como Beethoven (1903) e Haendel (1910); e novelas como Jean-Christophe (1904-1912) e L’âme enchantée (1922-1934), durante a Primeira Guerra Mundial defendeu o pacifismo en Au-dessus de la mêlèe (1915). Recibiu o Premio Nobel Literatura en 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portas baixo a advocación de san Xián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Portas. Datada no s XIII, á construción orixinal románica engadíuselle unha torre, unha capela e unha sancristía co que a construción final mestura o románico cos estilos barroco e clasicista. Na ábsida da nave destaca a chambrana axadrezada do arco triunfal. A porta principal ten arco apuntado e presenta un reloxo enriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á historia, á cultura e, en especial, á lingua da Grecia Moderna.

    2. Lingua grega moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Louis Farigoule, desenvolveu a teoría do unanimismo, recollida nos seus libros poéticos L’âme des hommes (1904) e La vie unanime (1908), e cultivou tamén a novela, da que destacan os 27 volumes da serie Hommes de bonne volonté (1932-1947), ademais de teatro, ensaio e xornalismo, xunto con algunhas obras dotadas de elementos autobiográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador ruso. Coñecido como Erté, estableceuse en París e en 1912 comezou a traballar co modista Paul Poiret. Os seus primeiros debuxos en branco e negro deixan patentes influencias dos vasos gregos e das miniaturas persas e hindús. Traballou para diversas revistas de modas e ilustrou interiorismo. En 1917 colaborou no espectáculo Les mamelles de Tirésias, creado, entre outros por G. Apollinaire e Pablo Picasso. En 1977 comezou a cultivar a litografía e seguiu traballando para o teatro, a ópera, as revistas musicais e o cine.

    VER O DETALLE DO TERMO